Privacidade
Política de privacidade
Que datos recollemos ao asinar, para que, canto tempo os gardamos e como podes pedir que se borren.
Responsable
Oriol Segarra, promotor de Galicia GMT. Contacto: info@galiciagmt.es.
Que datos recollemos
- No formulario Asínao: nome e apelidos, concello e correo electrónico.
- Se o marcas, a túa preferencia de recibir novidades por correo.
- Estatísticas de uso anónimas (páxinas vistas, clics, país aproximado e procedencia da visita) con PostHog, aloxado na UE. Funciona sen cookies e sen gardar nada no teu navegador; non identifica persoas nin grava as túas sesións.
- Esta web non usa cookies de seguimento nin publicidade.
Para que
- Contar os apoios á proposta e comunicalos de forma agregada (por exemplo, "X sinaturas en Y concellos"). Nunca publicamos nomes nin correos.
- Evitar sinaturas duplicadas: o correo só se pode usar unha vez.
- Só se o marcas, enviarche novidades do proxecto, como máximo unha vez ao mes.
Base legal
O teu consentimento, que dás ao marcar a casilla do formulario. Podes retiralo cando queiras.
Quen ten acceso
Non cedemos nin vendemos datos a terceiros. O formulario está aloxado enTally (Tally BV, Bélxica, Unión Europea), que actúa como encargado do tratamento.
Canto tempo
Ata que retires o consentimento ou remate a campaña. Ao rematar, borraremos os datos persoais e conservaremos só as cifras agregadas.
Os teus dereitos
Podes pedir acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo ainfo@galiciagmt.es. Se cres que non atendemos ben a túa petición, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.